• Home
  • Benvida
  • Blog
  • Contacto
Colectivo Loairas

vive sustentable

Read More

Tecendo en verde

5/10/2017

0 Comentarios

 
Nunca mellor dito, tecer redes como estamos a facer no parque, tecer en verde, tecer cousiñas bonitas con xente bonitiña. Porque cando crees en algo e tes apoio de xente boa todo sale moito mellor. Mestúranse enerxías e surxen lazos. entre mulleres no noso caso. E digo esto porque así surxe o noso colectivo Loairas. Simplemente é unha reflexión que fago en voz alta porque as nosas catro enerxías de moi diferentes cores cada unha delas, entrelazáronse con moito amor coa creación desta alocada idea. E iso dános enerxía para seguir crendo que si plantamos unha plantiña con moito agarimo esta vai medrar e florecer e aínda que os ventos opostos soplen para derribala, a semente xa está ahí. Porque como di a canción: "Con cada gran baixo terra medran cen flores rosadas e cada póla coidada, achega máis compañeiras"
Imagen
​

Imagen
E para acompañar a miña reflexión vou falar un pouquiño sobre a margarida. Por un lado en referencia ao festi Amargarida verde e por outro a que dende ben pequeniña gústame acaricialas e sentilas entre os meus dedos.

Pocas flores son tan sinxelas de atopar como a margarida, resistente e forte frente a enfermidades e tormentas aínda que o seu aspecto sexa espello de delicadeza.
 
Lendo sobre elas, atópome con curiosidades como:
¿Sabíades que o seu nome centífico é Bellis perennis e que pode vivir moitos anos?? Aínda que ao florecer sólo na primavera é máis difícil diferenciala doutras herbas durante o resto do ano.
 
A palabra margarida ven da palabra latina homónima que significa perla e o seu nome maya  fai referencia ao mes de maio, cando florece no hermiferio norte. Tamén é coñecida como chirivita, bonina, margarita menor, margarida, pascueta o pitxoleta. 

As margaridas son pequenas pero moi abundantes. Case o 10% de tódalas plantas con flor de todo o planeta son margaridas. 
  
​En realidade, aínda que non o pareza, está formada por decenas o centenares de pequeñas flores hermafroditas na parte central do disco floral e de flores femeninas na parte externa. 

As que nós coñecemos teñen os pétalos brancos  e o disco floral amarelo pero pódense atopar variedades de diversas cores, con pétalos  amarelos, laranxa, vermello, rosa ou morado e o significado que se lles atribúe varían co seu color. 
​
A diferenza das orquídeas que teñen que enganar ás abellas para que as polinicen, as margaridas soamente lucindo o seu chamativo disco floral as atraen con gran facilidade. 

A margarida, como tantas herbas, ten moitas propiedades medicinais que tamén pódese empregar na cociña, por exemplo en ensaladas mesturada con dente de león e hinojo. É moi utilizado en mediciña porque dela obtense, por exemplo, a tanacetina, unha sustancia que en pequeñas dosis combate algúns parásitos do intestino e axuda a baixar a febre. Tamén é  vulneriana (cicatriza as feridas e cura contusións) polo que pódese usar para preparar compresas para tratar lesións da pel e baixar inflamacións. 

Sen embargo moita xente contínua recollendo esta bela herba para resolver os seus conflictos amorosos, se me quere ou non me quere..., deixémonos de bobadas e admiremos, coidemos e empreguemos, de xeito responsable ás margaridas. 

Para ler máis sobre as margaridas (e tamén sobre as orquídeas!):
https://juancarlosvivancos.com/margarita-no-es-flor
https://retornaralasfuentes.wordpress.com/2016/05/16/margarita-propiedades-medicinales-te-sopa-de-margaritas/
https://www.flores4you.com/blog/de-donde-viene-la-costumbre-de-deshojar-margaritas/
​https://elefectoparaguas.wordpress.com/2014/03/09/orquideas-divas-del-engano/
 


0 Comentarios

Preparando o festi!!

5/2/2017

2 Comentarios

 

Imagen
2 Comentarios

    Autoras

    ​Loairas iluminando e aloumiñando neste mundo de nubes

    Archivos

    Mayo 2017

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • Home
  • Benvida
  • Blog
  • Contacto